A finalidade deste blog é a realización do proxecto do Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos no IES de Arzúa (A Coruña), asignatura impartida por Marina Engroba.
O noso obxectivo é a realización dun estudio xeral das Illas Cies, co que pretendemos amosarvos a extraordinaria beleza e singulariedade deste fermoso lugar.
Esperemos que vos guste e que vos sirva de utilidade toda a información que vos ofrecemos neste blog.

5/3/09

Instalacións

En canto as instalacións, contarvos que nas Illas só existe un campamento, dous restaurantes, un supermercado, unha caseta de información e un Centro de Interpretación da Natureza.
A caseta de información atópase cerca da praia de Rodas, donde comezan case todas as rutas. É unha caseta feita de madeira na que nos dan toda a información que necesitamos para movernos pola Illa, donde nos apuntamos para facer as rutas guiadas, donde collemos as bolsas para o noso lixo, etc.

Tamén temos que visitar o Centro de Interpretación nas Cíes. Este atoparalo no edificio que foi Monasteiro de San Esteban. Alí exhiben videos, maquetas e informan sobre os aspectos máis interesantes do Parque. Tamén é de gran interese para os amantes das aves do observatorio ornitolóxico ó lado do Faro de Cíes.





O campamento é de terceira categoría. Conta cun total de 800 prazas. Para poder acampar nel é necesario reservar, ben por vía internet ou polo teléfono 986438358, nesta Illa só poderás acampar durante 15 días seguidos.








Os dous restaurantes que existen son: o restaurante Rodas (que se atopa no muelle) e o outro é o restaurante do campamento (que se atopa no campamento), ambos de tipo autoservicio. En calquera deles podes disfrutar dos máis exquisitos pescados e mariscos das nosas rias.


O supermercado tamén se atopa no campamento e nel podemos adquirir diversos productos de alimentación.

Praias

Podemos atopar un total de nove praias.

Praia de Rodas: Está ubicada como xa dixemos na illa de Monteagudo, na illa de Faro e na illa do Medio; xunto o embarcadeiro principal (o embarcadeiro de Rodas). Esta praia forma parte parte do complexo sistema praia-duna-lagoa (as dunas están en proceso de recuperación). É a máis grande, ten 1300 metros de longo e 60 metros de ancho, e a máis importante de toda a illa. Se nos situamos no seu areal cara o mar, de frente temos a ría de Vigo e a nosa espalda un lago que se comunica co mar aberto a través duns orificios dunha ponte de formigón. A praia caracterízase por ter augas cristalinas de cor esmeralda, area fina e branca. A praia é ventosa, aberta e de augas tranquilas. Presenta zona de fondeo. Ten bandeira azul.

Praia de Figueiras ou dos Alemáns: Ten unha lonxitude de 350 metros e 50 metros de ancho. Está na illa de Monteagudo. É unha praia ventosa, aberta, de augas tranquilas e nela practicase o nudismo e o fondeo. Para acceder a ela, dende o embarcadeiro de Rodas hai que coller un camiño a dereita (este xa está debidamente sinalado).

Praia de San Martiño: Ten unha lonxitude de 500 metros. Atópase na illa Sur, polo tanto o acceso a ela debe facerse con embarcións privadas porque a esa illa non hai barco de liña regular. Ten forma triangular e é a máis abrupta de todas, a area é de cor branca e grao fino. É unha praia aberta, ventosa e de augas tranquilas. Está aillada e presenta zona de fondeo. Nesta praia tamén se practica o nudismo.
Praias de Cantareira e Margarida: Estas atopanse cerca do campamento. A de Cantareira e pequena e ten zonas de cantos rodados. A de Margarida está protexida por unha zona de rocas.
Praias de Mixueiro e Areiña: Atópanse xunto o embarcadeiro de Rodas (na illa de Monte Agudo) e para acceder a elas hai que coller un camiño que está xunto o restaurante.
Praia da Nosa Señora ou de Carracido: Ten unha lonxitude de 140 metros e 20 de ancho.
Praia dos Bolos: Atópase ó final da praia de Rodas e para acceder a ela hai que coller un camiño que pasa cerca do antigo cemiterio da illa.

Mapa de rutas

2/3/09

Ruta de Monteagudo

Distancia: 5,5 km

Duración: 1:45 (ida e volta)
Dificultade: media
Desnivel: 75 m.
Dende o cruce principal da Illa de Monteagudo (ruta do Alto do Príncipe), continuamos recto uns 400 m ata chegar á zona de A Valgada (30 min.), pequena colina sen vexetación donde se atopaba o antigo vertedoiro de residuos das illas. Antigamente, os residuos eran trasladados ata o vertedoiro onde se ían acumulando pouco a pouco, ata que se chegou a crear un verdadeiro problema debido a gran cantidade de lixo alí acumulado, había problemas de cheirumes, fumes, filtracións, perigo de incendios, impacto paisaxístico e proliferación incontrolada de roedores. Actualmente, os residuos evacuanse sistematicamente a Vigo, salvo cando hai problemas de navegación ocasionados polos temporais en inverno que obligan ó seu traslado o antigo vertedoiro, donde son eliminados por incineración.
Retomando a ruta, neste punto, o camiño bifurcase; pola esquerda levaranos a través dunha zona arborada ata o observatorio de aves. Para o Faro de Monteagudo, é necesario retroceder un pouco e descender por un camiño a nosa esquerda que enlaza co camiño que nos leva ata él. A Costa da Vela e Cabo Home, tan só a 2,5 km, convirten a este punto no lugar do archipélago máis cercano ó continente. Ó norte divisase o perfil da illa de Ons. Baixando por unha pequena pista de cemento, acercamonos a unha pequena furna. Neste entorno podemos observar plantas como a herba de namorar (Armeria pubigera) e o Chritmum maritimum, que soportan condicións de alta salinidade e viven entre as rochas.

Ruta do Alto do Príncipe

Distancia: 3 km
Duración: 1 h. (ida e volta)
Dificultade: baixa
Desnivel: 120 m.
Partindo da caseta de Información xiramos á dereita seguindo a pista de rodeiras, que en breve nos acerca a praia de Figueiras (300 m.). Un cerrado de madeira e alambre que protexe, o complexo dunar de Figueiras-Muxieiro, a entrada ós visitantes co fin de permitir a súa rexeneración. Nestas dunas hai unha magnífica representación de especies propias destes fráxiles ecosistemas, como o carrasco bravo (Helichrysum picardii) ou a camariña (Corema album). Unha vez que acabamos nesta parada, continuamos ascendendo ata chegar ó cruce principal da Illa de Monteagudo (20 min.), neste cruce atópase un depósito de auga para a loita contra os incendios. Un sinal índica Alto do Príncipe e outra Campo de Traballo. Collemos o camiño da esquerda, que se vai estreitando ata case perderse entre pinos e matorral, e que nos levará ata o alto do Príncipe. Espectaculares vistas de acantilados dende a "Silla da Raíña", caprichosa formación rochosa que, a modo de balcón natural, se asoma sobre o océano Atlántico e permitenos obsevar o contraste entre as dúas vertentes das illas, moito máis abruptas cara o oeste. Ó pé mesmo da cima, a escasos metros, podemos observar unhas formas curiosas nas rochas, como buratos tallados artificialmente, son as chamadas pías, producto da erosión milenaria da auga sobre o granito que acaba producindo estas formas caprichosas.
Damos aquí por finalizada esta ruta, tendo soamente que volver por donde viñemos, ata alcanzar outra vez o camiño principal.

Ruta do Faro da Porta

Distancia: 5,2 km
Duración: 1:45 (ida e volta)
Dificultade: baixa
Ten a súa orixe no cruce das catro pistas, pasado o Centro de Interpretación da Natureza, ou tamén a metade de camiño da subida ó Faro. Pódese tomar coma unha alternativa a seguir ó vir de volta da ruta do Monte Faro.
Unha vez que estamos neste cruce de catro pistas temos que coller pola pista de rodeiras deixando a nosa esquerda a praia de Nosa Señora e o illote de "Os Viños", donde só viven plantas e aves de acantilados. Pouco antes de chegar o embarcadoiro de Carracido (30 min.) podemos facer un alto para refrescarnos nunha fonte que leva o mesmo nome, fonte que segundo as persoas do lugar ten a mellor auga da illa e a única que non se seca no verán. O embarcadoiro de Carracido, peirao de sevicios ó parque, construiuse fai anos para dar servios ós faros. A partir de aquí o camiño ascende levemente recorrendo a costa sur da illa do Faro ata finalizar no Faro da Porta. A dereita do Faro, que funciona con enerxía solar, comenza a zona de Reserva de Aves Mariñas. De novo podemos observar gaivotas e cormoráns. Dende aquí disfrutaremos dunha magnífica panorámica sobre a Illa de San Martiño, que aparece sólo a uns 500 m de distancia, destacando a Furna e a Punta de Galeira, cunha espectacular rompente e unha cruz coroando o acantilado. Esta cruz foi construida en memoria de máis de trinta mariñeiros de Moaña mortos nun naufraxio ocurrido nesta zona polos anos cincuenta.

Ruta do Monte Faro

Distancia: 7 km

Duración: 2h 30min. (ida e volta)
Dificultade: media
Desnivel: 175m
Esta ruta comenza na caseta de información do parque, tomamos o camiño da esquerda, que nos conduce a illa do Faro a través do dique do lago. No lago podemos observar gran variedade de peces, crustáceos e algas. Despois do lago, chegamos ás portas do campamento, que haberá que rodear seguindo o camiño por arriba. Continuando pola pista principal na que nos atopamos, chegaremos a un núcleo de casas dispersas e a un monasterio convertido no Centro de Interpretación (20 min.). Uns 300 m despois de este, hai un cruce de catro camiños: o que baixa a esquerda conduce a praia de Nosa Señora, de frente continúa a pista ata o faro de A Porta e a dereita discurre a ruta principal pola que comezamos a ascender en zig-zag entre unha espesa arboleda constituída sobre todo por Pinus pinaster, Eucalyptus spp., Acacia melanoxylon e Crupessus spp.
A media subida, desviaremonos á dereita para poder contemplar a Pedra da Campá (ver imaxe), que segundo os mariñeiros "canta" os días de vento.
A 200 m ó norte da Pedra da Campá ubicase o observatorio ornitolóxico (50 min.), donde poden ser obsevadas as dúas especies de aves mariñas características, a gaivota patimarela e o cormorán moñudo. Dende o observatorio ornitolóxico tamén hai unhas magníficas vistas do Lago e da Praia de Rodas.
Retomamos o camiño e seguimos subindo en zig-zag cara a cima do monte donde se encontra o Faro (175 m sobre o nivel do mar), mirador máis emblemático das illas. Polo oeste todo o visible é azul, ceo e mar. Tamén dende alí divisaremos todo o archipélago das Cíes. No verán vale a pena esperar ó atardecer.
No descenso do Faro teremos oportunidade de retornar por algunha das variantes anteriormente citadas, ou ben dar por finalizada a ruta seguindo o mesmo camiño polo que viñemos.

Efectos do Prestige sobre o ecosistema

Moitas son as formas en que se dispersa a contaminación, dependendo da natureza do vertido, pero en xeral, o petróleo vertido vaise extendendo nunha superficie cada vez maior ata formar unha capa moi extensa.
Unha gran parte do petróleo evaporase. Do crudo que queda na auga parte sufre fotooxidación e outra parte disólvese na auga, sendo esta a máis perigosa dende o punto de vista da contaminación, e o que queda forma o "chapapote", emulsión xelatinosa de auga e aceite que se converte en bolas de alquitrán densas, semisólidas e con aspecto asfáltico.
Dende á chegada as Cíes de manchas de fuel púxose en marcha un operativo de recollida e seguimento da avifauna o longo do archipélago.
Habilitouse unha dependencia nas Cíes atendidas por persoal especializado na recuperación das aves, baixo a coordinación dun veterinario especialista en fauna silvestre. Dito proceso consistiu na hidratación e estabilización térmica da ave, para ser posteriormente trasladada ó Centro de Recuperación de "O Campiño" (Pontevedra), donde se procedía a súa recuperación.
Dende principios de marzo de 2003, tras unha baixa sustancial do número de aves petroleadas, cerrouse esta instalación da illa.
A impregnación de crudo nas plumas e pel das aves e mamíferos, probocalles moitas veces a morte, porque alterarlle a súa capacidade de aillamento ou impermiabilizalos.
As especies máis afectadas foron: Cormorán moñudo (Phalacrocorax aristotelis), Arao común (Uria aalge), Alca (Alca torda), Gaivota patimarela (Larus michahellis), Gaivota sombría (Larus fuscus), Frailecillo (Fratercula arctica), Alcatraz (Sula bassana), Cormorán grande (Phalacrocorax carbo), Gaivota reidora (Larus ridibundus), Gaivón (Larus marinus), Negrón común (Melanitta nigra) e a Pomba doméstica (Columba livia var. Doméstica).
As poboacións de moluscos tamén se ven afectadas debido a súa capacidade de reter impurezas, e por tanto á pouca capacidade de eliminar os contaminantes.
Os peces, en xeral, non sufren danos importantes aínda que alevins e larvas poden verse afectados por niveis baixos de contaminación.


O prestige. Medidas tomadas

O 19 de novembro de 2002 afundía o petroleiro Prestige, cunha carga de 77000 toneladas de full-oil, desencadeando unha das maiores catrástrofes ecolóxicas da historia. Toneladas e toneladas de chapapote empezaban a chegar ata nós invadindo kilómetros e kilómetros de litoral, praias e rochas. Ó parque das Illas Atlánticas chega o chapapote sobre o 3 de decembro.
A raíz do vertido producido polo petroleiro Prestige o Organismo Autónomo Parques Nacionais puxo en marcha un dispositivo especial co obxecto de paliar os seus posibles efectos sobre o parque. Este Organismo desenrolou diferentes atuacións en función dos diferentes residuos, así podemos falar de 5 tipos de actuacións diferentes:

Limpeza de praias areosas e superficies continuas: consistiu na retirada dos residuos de fuel acumulados nas costas, especialmente nas zonas areosas. A retirada nestas zonas fíxose de forma manual co apoio de ferramentas como: pas, enciños, capachos e sacos de obra, coa finalidade de evitar impactos maiores sobre os ecosistemas. Os traballadores e voluntarios dividíanse diariamente por praias en función do traballo a realizar. Ó finalizar cada xornada realizábase o transporte ó peirao da illa dos residuos xenerados, para a súa retirada en barco ós peiraos activos para as actividades do Prestige. Nas zonas donde houbo acumulación de contenedores sobre substrato areoso e nas praias donde se localizaron pequenas pelotiñas de fuel, procedeuse a cribar manualmente co uso de peneiras para recoller aqueles restos que quedaron enterrados ou semienterrados como consecuencia das labores de limpeza. Actualmente as praias da illas atópanse completamente limpas de residuos de chapapote.
Hidrolimpeza das zonas intermareais rochosas e tramos supralitorais: a limpeza destas zonas supuxo a implementación dunha metodoloxía específica mediante o emprego de hidrolimpadoras. Este método consiste en aplicar auga do mar a presión e a temperatura ambiente, sen añadir aditivo ningún, mediante utilización de hidrolimpadoras. Para recoller o chapapote arrancado das rochas utilizaronse mantas absorbentes hidrófugas nas zonas de escorrentía dos fluidos de limpeza que quedaban empapados nelas. Non obstante, quedaron superficies manchadas de residuos de chapapote nas que non foi posible aplicar o método de hidrolimpeza, ó non ser factible recoller eficientemente os residuos producidos, estas foron zonas como: zonas de mar aberto, lugares donde había fauna sedentaria e donde se encontraban importantes concentracións de algas. Nestas zonas aplicaronse técnicas de biorremediación.

Retirada de hidrocarburos de fondos mariños: nas inspecións realizadas por buzos profesionais detectaron acumulación de residuos sobre todo nas zonas infralitorais sedimentarias. Estes residuos afectaban a bancos marisqueiros explotados tradicionalmente por cofradías do entorno, así como a diversos ecosistemas propios dos fondos mariños das augas atlánticas. Vista a problemática tomouse a decisión de proceder á retirada de ditos residuos usando, sempre, técnicas que minimizaran o impacto da retirada e garantizaran a seguridade dos buceadores que traballaran nesas labores. Extraeronse un total de 1611 toneladas de residuos, que era unha mezcla de area-residuso de fuel-restos biolóxicos e auga. Na primavera de 2004 fíxose unha inspeción na zona sur da illa donde se descubrían algunhas destas manchas, xunto con restos de bolsas e utensilios de limpeza empregados nos traballos do ano 2003. A cuantificación do fuel visible nos fondos da Praia de Figueiras nesa zona era de 9560 metros cadrados de infralitoral sedimentario, procedeuse á súa retirada con buzos profesionais durante o verán do 2004 cunha extración de aproximadamente 8000 kg.
Biorremedación nas zonas costeiras rochosas: este método consiste na adición nas áreas afectadas dos nutrintes auxiliares (N, P, Fe, etc.) e outros activadores de crecemento bacteriano que favorezan o desenrolo de especies petroleolíticas autóctonas, ou ben reforzar mediante a sembra nas áreas afectadas de bacterias petroleolíticas de orixe silvestre, autóctono ou alóctono. Os resultados ós 80 días de iniciadas as primeiras aplicacións indicaron que é un proceso que funciona, no caso do producto elexido para a biorremediación (S-200) constituie un recursos eficaz, que permite recuperar o aspecto dos rochedos, sin implicacións toxicolóxicas colaterais nun período aproximado de 7-9 meses.
Colocación de barreiras anticontaminación: Colocaronse barreiras anticontaminación do tipo absorbente e modelo oceánico, a que se colocou na Praia de Rodas tiña unha lonxitude duns 300 metros, para constituir unha zona protexida libre de fuel que actuara como refuxio para aves. En xeral, as barreiras foron efectivas soportando a maioría delas a forza do mar (temporais, mar de fondo, etc.)
Tras un duro traballo de voluntarios, Forzas Armadas, persoal de TRAGSA, da Xunta de Galicia e do Organismo Autónomo Parques Nacionais, extraeronse un total de 4590 toneladas de residuos procedentes da contaminación por hidrocarburos nas praias e rochas do Parque Nacional.

Principais problemas da flora e fauna

O estado de conservación do ecosistema mariño en xeral é bo, aínda que son susceptibles á contaminación por hidrocarburos procedentes do trafíco mariño, por sustancias orgánicas procendentes do turismo en época estival, por contaminantes procedentes da ría e por técnicas de pesca dañinas para o medio mariño.
En canto ó alto valor ecolóxico que existe no lago, este pode verse facilmente ameazado dada a súa sensibilidade e vulnerabilidade debido á presión humana que exerceu e aínda exerce sobre el. As infraestructuras artificiais son as responsables da alteración dinámica sedimentaria do complexo, do escaso intercambio co medio externo e de favorecer a sedimentación e o progresivo descenso de profundidade. O feito de que o dique sexa un paso casi obrigado na visita ás illas, a gran afluencia de visitantes, a proximidade do campamento e o areal das Rodas, deben de considerarse á hora de regular as actividades que se poden practicar nesta zona, extremando o coidado e mantendo sempre unha actitude respetuosa co medio.
As dunas tamén sufriron o seu, pois a mediados do século pasado fixeronse fortes extracións de area, provocando a suavización do relevo dunar con pérdida de altura das dunas, erosión e redución da largura da praia. Actualmente, este efecto estase a ver potenciado polo tránsito veraniego de miles de visitantes. O pisoteo presenta o fundamental problema que afecta sobre todo á vexetación das praias e dunas, polo que hoxe en día están actuando para que estas zonas de alto valor ecolóxico non resulten irreversiblemente danadas.
O traballo do parque para evitar que isto suceda consiste en vixiar o cumprimento da normativa existente e regular as actividades que se levan a cabo dentro do seu territorio para que se desenrolen de forma sostible, para evitar na medida do posible que os ecosistemas naturais non se vexan afectados.
Pero o principal problema para a conservación deste medio foi a presión humana. Nas illas fixeronse moitas plantacións de eucaliptos, pinos e acacias que o que fixeron foi desplazar a vexetación autóctona. A erradicación destas especies alóctonas e de moitas outras que chegan enganchadas nas embarcacións ou arrastradas polo mar, é un proceso a largo prazo sobre o que se está traballando. De feito, dende xaneiro están levando a cabo un proxecto Científicos da Universidade de Vigo, dirixido por María Calviño, que consiste en ir a bordo de ultralixeiros dotados con sensores de especies invasoras para poder así determinar as áreas nas que se localizan estas plantas. Con esta teledeteción o que se pretende e abaratar custos con respecto os sistemas tradicionais de mostreo de campo ademais de poder obter imaxes de zonas amplias de forma simultánea, tamén chega a distinguir individuos afectados por enfermidades e permite rastear zonas de dificil acceso.
Este proxecto centrarase nas especies máis perigosas para esta zona, que son: Acacia melanoxylon, Oxalis pes-caprae, Arctotheca calendula, Carprobrotus acinaciformis e Carpobrotus edulis. Todas son de orixe sudafricano agás a acacia que ten a súa orixe en Australia.
Unha vez que se demostre a validez do método realizarase un análise para ver a súa viabilidade técnica e económica para extendelo a xestión ambiental dos demais parques nacionais españoles e para facer seguimentos periódicos.

A flora mariña

O medio mariño das Cíes ten unha forte oleaxe que proporciona grandes cantidades de oxíxeno e nutrintes, pero que limita a existencia de certos organismos que non son capaces de adaptarse a estas fortes ondas.
Hai polo menos unhas 211 especies de algas inventariadas, con 33 especies de algas verdes, 122 de algas vermellas e 56 algas pardas, moitas delas vulnerables ou raras.
Nos fondos rochosos é determinante a morfoloxía do substrato, a profundidade, o efecto da oleaxe e a disposición das rocas. As algas teñen neste ambiente moita maior presencia e diversidade, desenrolándose extensos bosques de laminarariais: Saccorhiza polyschides e Laminaria ochroleuca, con unha rica fauna asociada e pequenas algas vermellas entre ou sobre elas.
Os fondos móbiles abarcan tamén un gran número de ambientes, dependendo do tamaño do gran do substrato e da natureza do sedimento. As macroalgas aquí presentes son maioritariamente incrustantes que recubren fragmento de conchas, entre elas temos: Ralfsia verrucosa, Lithophyllum sp.. Tamén podemos ver pequenas algas vermellas como: Gelidium sp.,Corallina sp., Gracilaria sp., Ceramium sp., que aglutinan o sendimento orixinando microhábitats habitados por diferentes especies.
En canto o lago que temos de auga salgada dentro das Cíes, dicir que ten unha gran importancia dende o punto de vista ecolóxico, e nel atopanse pradeiras das fanerógamas mariñas Zostera noltii e Zostera marina. As macroalgas non son abundantes. Destacan o cinturón de Ascophyllum nodosum na barreira de pedras e a leituga de mar (Ulva sp.) e Enteromorpha sp., que alcanzan gran cobertura na zona interna.

A flora terrestre

Nas Cies hai pouca diversidade de flora debido a que estas especies están sometidas a duras condicións ambientais (aire, salinidade, insolación, sequedade, escaseza de nutrintes,...). Sen embargo, estas especies teñen un gran valor ecolóxico por ser especies exclusicas deste ecosistema e sobre todo por ser capaces de adaptarse a este tipo de condicións tan difíciles. Algunhas das adaptacións que sufriron son as seguintes:

  • Raíces profundas, para buscar auga.
  • Peliños nas follas para evitar a desecación.
  • Texidos carnosos para almacenar auga.
  • Cores claras para reflexar a luz solar.
  • Enrolamento das follas para evitar así a evaporación.

A maior parte da vexetación da illa é forestal, de matorral e de acantilados.

A vexetación forestal é a que representa o maior grao de transformación. Esta sufriu grandes alteracións por parte da man do home, xa que foi o que introduciu especies exóticas coma o pino (Pinus pinaster), eucalipto (Eucalyptus globulus) e a acacia (Acacia melanoxylon), especies que hoxe en día ocupan a cuarta parte da superficie da illa, facendo así que a superficie arbórea autóctona quede reducia a pequenos núcleos aillados de rebolo (Quercus pyrenaica) e endrino (Prunus spinosa).

Con respeto ó matorral a especie que máis abunda é o toxo (Ulex europaeus), destacando tamén especies mediterráneas como o xaguarzo negro (Cistus salvifolius), o torvisco (Daphne gnidium), a xesta tola (Osyris alba) e o espárrago trigueiro (Asparagus aphyllus).

Nas praias, dunas e acantilados e onde se manteñen as comunidades de vexetais mellor conservadas. Nestas zonas atópanse moitas das especies endémicas.

A vexetación das praias e dunas desarrollase en bandas segundo a presencia e intensidade con que se manifesten as condicións metereolóxicas antes citadas, estando descritas 7 comunidades diferentes. No primeiro frente do sistema dunar e en parte das dunas secundarias e terciarias (donde a forza do vento é o principal limitante) medran a grama mariña (Elytrigia juncea) e o barrón (Ammophila arenaria), nas partes posteriores dos cordóns dunares as condicións son mellores polo que o número de especies que alí habitan son maiores, destacando a camariña (Corema album), o alhelí de mar (Malcolmia littorea), a azucena de mar (Pancratium maritimum), o carrasco bravo (Helichrysum picardii) a artemisa de praia (Artemisia crithmifolia), Scrophularia frutescens e a escasísima herba de namorar (Armeria pungens). Na transición entre a duna e o monte, no entorno das dunas de Figueiras e Muxieiro, aparece unha comunidade exclusiva das Cies e que está moi ameazada pola ocupación dos pinos e eucaliptos. Estamos falando dun matorral composto por toxo costeiro (Ulex europaeus subsp. latebracteatus), camariña (Corema album) e outras leñosas.

As outras 6 comunidades de vexetais ocupan unha escasa superficie que se atopa fundamentalmente en torno ó lago. Aquí podemos encontrar comunidades de: Zostera noltii, Zostera marina, Juncus maritimus e Halimione portulacoides.

A vexetación dos acantilados mariños vai depender fundamentalmente das condicións ecolóxicas e da localización de colonias de aves. Nas zonas máis baixas donde chegan as salpicaduras das ondas atopamos: Chrithmum maritimum e Armeria pubigera, Matricaria maritima e Cochlearia danica. Por encima desta banda xa existe un solo ben desenrolado sometido ó efecto do sal e do vento que están dominados pola armeria pilosa (Armeria pubigera subsp. pubigera), tamén hai pastos da gramínea Festuca rubra subsp. pruinosa pero estes son máis escasos e soen aparecer en áreas non colonizadas polas gaivotas. Nas ladeiras con orientación sur presentase unha comunidade endémica de caléndula mariña (Calendula suffruticosa subsp. algarbiensis) e parietaria (Parietaria judaica). Na ladeira con orientación oeste e norte que é a zona máis pedregosa aparecen pastos de dactilo mariño (Dactylis glomerata subsp. maritima), as collexas de mar (Silene uniflora), heno branco (Holcus lanatus) e a anxélica (Angelica pachycarpa). Nas zonas máis altas dos acantilados aparecen matorrais dunha subespecie endémica de toxo (Ulex europeaeus subsp. latebracteatus) que constituie matas con apecto de almofada o que presentas unhas características claras de adaptación as fortes condicións ecolóxicas.

Outras vexetacións da illa que teñen gran interese son a flora vascular e outros grupos de vexetais como fungos e musgos. Estes grupos están menos estudiados, agás os liquéns no que se inventariaron un total de 167 especies distintas e que viven sobre rocas, pedras, cortezas e solos.

O lago

Esta pequena lagoa de auga salgada reúne unha serie de caraterísticas que lle confiren unha especial importancia ecolóxica. Nas súas reducidas dimensións encóntranse varios ambientes distintos: areais, rochedos e praderías de fanerógamas mariñas. É un lugar de recrutamento para moitas especies, en especial peixes: a gran cantidade de pequenos invertebrados e a presenza de zostera con algas epífitas asociadas, proporcionan abundancia de alimento ó tempo que ofrece refuxio ás crías fronte ós depredadores.
Os principais invertebrados son o bivalvo Loripes lacteus, que resalta pola súa densidade, así como varias familias de poliquetos: Maldanidae, Neridae, Eunicidae e a especie Arenícola marina. Dos gasterópodos, Hinnia pfeifferi e Hidrobia neglecta, aparecen na lagoa de modo único na ría de Vigo. Son frecuentes os camaróns e outros pequenos crustáceos. Nas zoas de rocha viven buxainas (Gibbula spp.) ou bígaros, anémonas, ascidias, lapas, etc.
Existe unha gran variedade e abundancia de peixes. Dende o dique que une as illas é fácil apreciar: muxes (Chelon labrosus), sargos (Diplodus vulgaris), maragotas (Labrus bergylta), abadexos (Pollachius pollachius), doncelas xulias (Coris julis), etc. E sobre as rochas gobios e blénidos. Outros peixes como os congrios (Conger conger), primitas (Callionymus lyra), peixes planos e anguías (Anguilla anguilla) viven normalmente na zona interna do lago.

27/2/09

Fondos rochosos

Nos fondos rochosos, a competencia polo espazo determina o establecemento de comunidades caracterizadas pola presenza maioritaria dunha especie, que se ve favorecida polas condicións reinantes: profundidade, efecto das ondas e disposición das rochas. Isto sucede de maior a menor profundidade co mexillón (Mytilus galloprovincialis), o ourizo (Paracentrotus lividus) e a anémona (Anemonia sulcata). A abundancia e diversidade de animais e notoria, aparecendo entre as especies maioritarias as estrelas de mar, esponxas e poliquetos. A morfoloxía do sustrato e condicionante, existindo en covas ou paredes determinados organismos como a cucumaria (Aslia lefevrei) ou a man de morto (Alcyonium digitatum).

Fondos móbiles

Os fondos móbiles (area, cascallos e maërl) ocupan a maior parte do sublitoral oriental das illas. Caracterízanse pola escaseza de organismos sésiles, xa que a mobilidade do sedimento dificulta o seu asentamento. A maioría da fauna bentónica vive enterrada entre o sedimento: importantes poboacións de navallas (Ensis arquatus), ameixas ( Venerupis rhomboides), reloxo (Dosinia exoleta), ourizos (Echinocardium cordatum, Echinocardium pennatifidum), cangrexos (Atelecyclus undecimdentatus), lancetas (Branchiostoma lanceolatum), etc. Outras aproveitan a estabilidade que proporcionan fragmentos grandes de cunchas para instalarse: chafarrocas (Lepadogaster sp.) e pequenos ourizos (Psammechinus miliaris)
As macroalgas ou as pequenas algas roxas que aglutinan sedimentos que e proporcionan un hábitat moi adecuado para diferentes especies como: anémonas ( Anemonia sulcata), ascidias (Phallusia mammillata, Clavelina lepadiformis), estrelas de mar (Marthasterias glacialis).
Algunhas especies de invertebrados epifaunales están presentes de forma notoria en todos os ambientes. Pequenos gasterópodos (Gibbula magus, Hinia reticulata), cangrexos eremita (Pagurus sp.), poliquetos tubícolas (Chaetopteridae, Onuphidae), centolas (Maja squinado), polvos (Octopus vulgaris), chocos (Sepia officinalis), etc.En canto ós peixes, especies de pequeno tamaño como o gobio de area (Pomatoschistus minutus), primitas (Callionymus lyra) ou, nos areais, os bancos de lanzons (Ammodytidae). Todos eles son presa de peixes maiores como son: robalos (Dicentrarchus labrax), rodaballos (Scophthalmus maximus), etc

23/2/09

Fauna mariña

A situación das illas, na boca da ría de Vigo, confírelles unhas características: forte influencia oceánica, importante produtividade (froito da circulación esteárica da ría e do afloramento de augas profundas ricas de augas profundas ricas en nutrientes), menor alteración do medio, etc. O litoral mostra unha marcada diferenza entre a cara occidental exposta ó mar aberto, e a oriental, enfrontada á ría: abruptos acantilados na parte exposta, que se continúan baixo as augas en paredes case verticais, fronte a areais entre rochedos de pendente tendida, na parte protexida.
A parte occidental da illa presenta un hábitat bastante homoxéneo. A forte ondada proporciona grandes cantidades de oxixeno e nutrientes, pero limita a presenza de organismos a aqueles adaptados á arremetida da ondas: lapas (Patella spp.), landras de mar (Balanus spp.), percebes (Pollicipes pollicipes), mexillóns (Mytilus galloprovincialis), esponxas,etc.
Na cara oriental, as condicións ambientais máis variadas permiteno densenrolo de diversas comunidades. As praias e rochedos protexidos do intermareal continúanse no submareal, onde aparecen ademais dous novos substratos: os fondos de cascallo (de restos de cunchas) e os fondos mixtos de maërl, composto por cascallos e Lithothamnion calcareum, pequena alga vermella calcárea de aspecto arborescente.

Ortópteros

Reúne 26 especies, das cales 18 son ortópteros (saltóns, chicharras e grilos), 3 son dermápteros (forcadela ou cadela dos frades), 2 son blatópteros (cocarachas), e 3 son das ordes dos fásmidos, mántidos e isópteros (insecto pao, mantis relixiosa e termitas respectivamente). Merece destacar que, dende o punto de vista bioxeográfico, os elementos mediterráneos representan unha proporción maior que os eurosiberianos.
A chicharra Callicrania seoanei e a cocaracha Ectobius brumeri son endemismos do noroeste peninsular. O primeiro vive sobre todo en toxos e está considerado como unha especie a protexer debido á súa restrinxida área de distribución. Á forcadela Mesochelidura occidentalis aparece citada unicamente nas Cíes, despois de ser coñecida exclusivamente cerca de Lisboa.


Coleópteros

Os hábitats máis interesantes para os coleópteros das illas son as áreas dunares, as matogueiras de toxo edafoclimático e os piñeirais. Están citadas 255 especies incluindo endemismos restrinxidos a estas illas.
Os sistemas dunares comprenden un tipo de hábitat moi especializado onde viven escaravellos sabulícolas errantes e zapadores, a maioría nocturnos. Moitos deles, como os pertencentes á familia dos tenebriónidos, están dotados de proteccións contra as duras condicións do medio, tales como o grosor da súa cutícula ou a súa forte pigmentación. Localízanse na superficie do solo, debaixo das pedras ou o pé de distintas plantas, o parecer non lles importa a desecación, as mobilidades do terreo ou os cambios bruscos de temperatura. Na zona supralitoral das praias, baixo os restos que arrastra o mar, atópanse especies propias de terreos salgados. Estas caracterízanse pola escasa pigmentación da cutícula. Moitas delas son fitófagas e florícolas e viven sobre plantas nutrícias. Para ser extensións tan pequenas, as dunas presentan una alta diversidade de especies de escaravellos con especies tan interesantes como o carábido Trechus cuniculorum ou o crisomelido Longitarsus australis.
Nos toxais dos acantilados viven Tretramelus parvus e Stenosis oteroi, especies endémicas de distribución restrinxida ás Cíes e zonas próximas, e a espectacular Macrothorax rugosus, considerada especie ameazada.
Os piñeiros posúen unha rica comunidade de coleópteros. Viven baixo as pedras e entre a cortiza das árbores. A maioría aliméntanse de madeira e só algúns consumen as follas dos piñeiros ou de plantas do sotobosque. Destacan neste medio o carábido Steropus galaecianus e os cerambícidos Ergates faber e Corymbia stragulata.
Outros tipos de escaravellos que podemos atopar son por exemplo o Ernobius vinolasi ou especies a protexer como son: Macrothorax rugosus, Trechus cuniculorum, Tretramelus parvus, Stenosis oteroi, Ergates faber e Corymbia stragulata.

20/2/09

Gasterópodos. Caracois e babosas

As illas presentan unha variada malacofauna terrestre reunindo a unhas 31 especies de caracois e babosas. Entre elas podemos atopar especies características da malacofauna galega como o caracol Portugala inchoata, especie endémica da área lusitánica moi abundante nas zonas costeiras, o Oestophora barbula, tamén endemismo ibérico.Non falta o helícido máis abundante en Galicia, o caracol de horta Helix aspersa.
Sen embargo, a maior parte dos caracois só miden uns poucos milímetros. Podemos atopar especies de distribución costeira de carácter mediterráneo como as diferentes especies do xénero Cochlicella e Theba pisana. Destacan por estar moi localizadas en Galicia Xerotricha apicina e Ovatella myosotis, especie anfibia que resiste altas concentracións de salinidade no supralitoral.
Collumela aspera só está citada en Galicia dentro da Península Ibérica. É característica de zonas arboradas xunto a especies europeas tan frecuentes como Aegopinella nitidula ou Discus rotundatus.
As babosas, para protexerse da desecación, adquiren hábitos nocturnos e viven preferentemente en lugares húmidos, escondéndose baixo as pedras, nos troncos caídos, entre as follas caídas,etc. A maior parte das especies son omnívoras e a súa determinación correcta require do estudio do seu aparto xenital.
En medios antropóxenos atopamos a Deroceras reticulatum, Lehmannia valentiana e Arion intermedius, aínda que a maioría están ligadas a ecosistemas de bosque. Entre as mais curiosas está Geomalacus maculosus, que só sae nas noites cálidas e húmidas. É unha especie endémica da área lusitánica e está protexida por diferentes convenios internacionais. Ramonea nas setas e nos líquenes das rochas, refuxiándose nas fendeduras e en lugares moi húmidos.
Outros endemismos do norte peninsular son Deroceras lombricoides e Deroceras hispaniensis. Estas babosas viven no solo dos piñeiros. Interesa especialmente pola súa rareza o Furcopenis circularis. Pertence a un xénero endémico de Galicia con só dúas especies máis.

Invertebrados. Oligoquetos

A maior parte da fauna invertebrada pasa desapercibida debido ó seu reducido tamaño, sen embargo, é a máis diversa do reino animal. Os invertebrados cumpren un papel primordial nas cadeas tróficas e na transformación no medio no que viven, sendo unha base fundamental do funcionamento dos ecosistemas.
Os oligoquetos ou miñocas de terra son pequenos animais que conforman a primeira biomasa dos ecosistemas edáficos. A súa actividade aumenta a microporosidade do solo, estimula a actividade de microorganismos aerobios e a súa presenza acentúa os procesos de fixación do nitróxeno. Airean e removen o solo, axudan ós procesos de humificación, forman agregados do solo estables e por tanto, melloran as características físico-químicas dos solos nos que habitan.
Nas Cíes existen tres familias de miñocas: Lumbrícidos, con dez especies presentes, Criodrílidos y Acantodrílidos, cada unha con súa especie.
Entre os Lumbridos é de destacar o Allolobophora oliverirae limicola, que é unha especie moi rara e soe atoparse no noroeste ibérico. Das pertencentes ás outras dúas familias, destacar Microscolex phosphoreus e Criodrilus lacuum, son interesantes por ser pouco citadas na Península Ibérica.

18/2/09

Anfibios e réptiles

Os anfibios son pouco frecuentes debido á escaseza de auga, aínda así, atópanse especies en escaso número de píntega (Salamandra salamandra) e sapiño pintoxo (Discoglossus galganoi). En canto ós réptiles, podemos atopar especies interesantes como o eslizón ibérico (Chalcides bedriagai) que é un endemismo ibérico de moi restrinxida distribución en Galicia, a lagartixa ibérica (Podarcis hispanica), o lagarto ocelado (Lacerta lepida), o escáncer (Anguis fragilis) e o eslizón común (Chalcides striatus), e tamén dúa serpes (Coronella girondica e Natrix maura), moi escasa, totalmente inofensivas e non velenosas.

17/2/09

Mamíferos

Os mamíferos tamén están representados nas illas, pero por comunidades máis reducidas que no caso das aves. Podemos atopar coellos (Oryctolagus cuniculus), ourizo común (Erinaceus europaeus) e a lontra (Lutra lutra), son os únicos mamíferos de certo porte. Entre os micromamíferos podemos observar a rata gris (Rattus norvegicus), a rata negra (Rattus rattus), o rato doméstico (Mus domesticus) e a musaraña (Crocidura russula). Outro tipo de mamíferos son os de carácter voador, os morcegos aparecen representados por dúas especies (Pipistrellus pipistrellus e Eptesicus serotinus).


10/2/09

Avifauna

Unha gran cantidade de especies de paxaros, como a carriza (Troglodytes troglodytes), o paporrubio (Erithacus rubecula), a tarabilla común (Saxicola torquata), o merlo común (Turdus merula), a curruca rabilonga (Sylvia undata), a curruca cabecinegra (Sylvia melanocephala), o colirroxo tizón (Phoenicurus ochruros), os ferreiriños e carboneros (Parus spp.), o pinzón vulgar (Fringilla coelebs), o verdecillo (Serinus serinus) ou o pardillo común (Carduelis cannabina), entre outros moitos, nidifican, invernan ou descansan nestas illas nas súas viaxes migratorias. Tamén se poden atopar neste arquipélago o azor común (Accipiter gentilis), o busardo ratoneiro (Buteo buteo), a pomba torcaz (Columba palumbus), o pico picapinos (Dendrocopos major), o chotacabras gris (Caprimulgus europaeus), cornexa (Corvus corone) ou a tórtola turca (Streptopelia decaocto).

3/2/09

Avifauna rupícola

Nos acantilados nidifican 2-3 parellas de falcón peregrino (Falco peregrinus), máis de 15 parellas de cirrio grande (Apus melba) que é a poboación Galega máis importante, a chova piquirroxa (Pyrrhocorax pyrrhocorax), a gralla pequena (Corvus monedula) e o corvo (Corvus corax).

 
ILLAS CIES - © 2007 Template feito por Templates para Você