A finalidade deste blog é a realización do proxecto do Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos no IES de Arzúa (A Coruña), asignatura impartida por Marina Engroba.
O noso obxectivo é a realización dun estudio xeral das Illas Cies, co que pretendemos amosarvos a extraordinaria beleza e singulariedade deste fermoso lugar.
Esperemos que vos guste e que vos sirva de utilidade toda a información que vos ofrecemos neste blog.

2/3/09

A flora mariña

O medio mariño das Cíes ten unha forte oleaxe que proporciona grandes cantidades de oxíxeno e nutrintes, pero que limita a existencia de certos organismos que non son capaces de adaptarse a estas fortes ondas.
Hai polo menos unhas 211 especies de algas inventariadas, con 33 especies de algas verdes, 122 de algas vermellas e 56 algas pardas, moitas delas vulnerables ou raras.
Nos fondos rochosos é determinante a morfoloxía do substrato, a profundidade, o efecto da oleaxe e a disposición das rocas. As algas teñen neste ambiente moita maior presencia e diversidade, desenrolándose extensos bosques de laminarariais: Saccorhiza polyschides e Laminaria ochroleuca, con unha rica fauna asociada e pequenas algas vermellas entre ou sobre elas.
Os fondos móbiles abarcan tamén un gran número de ambientes, dependendo do tamaño do gran do substrato e da natureza do sedimento. As macroalgas aquí presentes son maioritariamente incrustantes que recubren fragmento de conchas, entre elas temos: Ralfsia verrucosa, Lithophyllum sp.. Tamén podemos ver pequenas algas vermellas como: Gelidium sp.,Corallina sp., Gracilaria sp., Ceramium sp., que aglutinan o sendimento orixinando microhábitats habitados por diferentes especies.
En canto o lago que temos de auga salgada dentro das Cíes, dicir que ten unha gran importancia dende o punto de vista ecolóxico, e nel atopanse pradeiras das fanerógamas mariñas Zostera noltii e Zostera marina. As macroalgas non son abundantes. Destacan o cinturón de Ascophyllum nodosum na barreira de pedras e a leituga de mar (Ulva sp.) e Enteromorpha sp., que alcanzan gran cobertura na zona interna.

0 comentarios:

 
ILLAS CIES - © 2007 Template feito por Templates para Você