A finalidade deste blog é a realización do proxecto do Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos no IES de Arzúa (A Coruña), asignatura impartida por Marina Engroba.
O noso obxectivo é a realización dun estudio xeral das Illas Cies, co que pretendemos amosarvos a extraordinaria beleza e singulariedade deste fermoso lugar.
Esperemos que vos guste e que vos sirva de utilidade toda a información que vos ofrecemos neste blog.

5/3/09

Instalacións

En canto as instalacións, contarvos que nas Illas só existe un campamento, dous restaurantes, un supermercado, unha caseta de información e un Centro de Interpretación da Natureza.
A caseta de información atópase cerca da praia de Rodas, donde comezan case todas as rutas. É unha caseta feita de madeira na que nos dan toda a información que necesitamos para movernos pola Illa, donde nos apuntamos para facer as rutas guiadas, donde collemos as bolsas para o noso lixo, etc.

Tamén temos que visitar o Centro de Interpretación nas Cíes. Este atoparalo no edificio que foi Monasteiro de San Esteban. Alí exhiben videos, maquetas e informan sobre os aspectos máis interesantes do Parque. Tamén é de gran interese para os amantes das aves do observatorio ornitolóxico ó lado do Faro de Cíes.





O campamento é de terceira categoría. Conta cun total de 800 prazas. Para poder acampar nel é necesario reservar, ben por vía internet ou polo teléfono 986438358, nesta Illa só poderás acampar durante 15 días seguidos.








Os dous restaurantes que existen son: o restaurante Rodas (que se atopa no muelle) e o outro é o restaurante do campamento (que se atopa no campamento), ambos de tipo autoservicio. En calquera deles podes disfrutar dos máis exquisitos pescados e mariscos das nosas rias.


O supermercado tamén se atopa no campamento e nel podemos adquirir diversos productos de alimentación.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois chicas non queda outra que felicitarvos por este espectacular traballo, currado a tope, onde se demostra que se poden facer moitas cousas, os obxectivos están cumpridos con creces: boa información, boa busca da mesma, bos recursos utilizados no blog e boa adaptación a este medio de comunicación. Paréceme un traballo fantástico. Noraboa. Espero que vos servise para aprender algo novo e que poidades usar no futuro na vosa vida laboral.

 
ILLAS CIES - © 2007 Template feito por Templates para Você