A finalidade deste blog é a realización do proxecto do Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos no IES de Arzúa (A Coruña), asignatura impartida por Marina Engroba.
O noso obxectivo é a realización dun estudio xeral das Illas Cies, co que pretendemos amosarvos a extraordinaria beleza e singulariedade deste fermoso lugar.
Esperemos que vos guste e que vos sirva de utilidade toda a información que vos ofrecemos neste blog.

2/3/09

Ruta do Monte Faro

Distancia: 7 km

Duración: 2h 30min. (ida e volta)
Dificultade: media
Desnivel: 175m
Esta ruta comenza na caseta de información do parque, tomamos o camiño da esquerda, que nos conduce a illa do Faro a través do dique do lago. No lago podemos observar gran variedade de peces, crustáceos e algas. Despois do lago, chegamos ás portas do campamento, que haberá que rodear seguindo o camiño por arriba. Continuando pola pista principal na que nos atopamos, chegaremos a un núcleo de casas dispersas e a un monasterio convertido no Centro de Interpretación (20 min.). Uns 300 m despois de este, hai un cruce de catro camiños: o que baixa a esquerda conduce a praia de Nosa Señora, de frente continúa a pista ata o faro de A Porta e a dereita discurre a ruta principal pola que comezamos a ascender en zig-zag entre unha espesa arboleda constituída sobre todo por Pinus pinaster, Eucalyptus spp., Acacia melanoxylon e Crupessus spp.
A media subida, desviaremonos á dereita para poder contemplar a Pedra da Campá (ver imaxe), que segundo os mariñeiros "canta" os días de vento.
A 200 m ó norte da Pedra da Campá ubicase o observatorio ornitolóxico (50 min.), donde poden ser obsevadas as dúas especies de aves mariñas características, a gaivota patimarela e o cormorán moñudo. Dende o observatorio ornitolóxico tamén hai unhas magníficas vistas do Lago e da Praia de Rodas.
Retomamos o camiño e seguimos subindo en zig-zag cara a cima do monte donde se encontra o Faro (175 m sobre o nivel do mar), mirador máis emblemático das illas. Polo oeste todo o visible é azul, ceo e mar. Tamén dende alí divisaremos todo o archipélago das Cíes. No verán vale a pena esperar ó atardecer.
No descenso do Faro teremos oportunidade de retornar por algunha das variantes anteriormente citadas, ou ben dar por finalizada a ruta seguindo o mesmo camiño polo que viñemos.

0 comentarios:

 
ILLAS CIES - © 2007 Template feito por Templates para Você