Declárase Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, considerándose a súa conservación de interese xeral da Nación, e integrase na rede de Parques Nacionais dacordo co previsto no artigo 22 da lei 4/1989, de 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres. A declaración de Parque Nacional ten por obxeto:
- Protexer a integridade dos ecosistemas.
- Asegurar a conservación e recuperación dos hábitats, das especies e preservación da diversidade xenética.
- Asegurar a proteción, recuperación, fomento e difusión dos seus valores mediambientais e do seu patrimonio natural, regulando de forma compatible coa súa conservación tanto a actividade investigadora e educativa coma o acceso ós visitantes.
- Promover e apoiar no interior do parque as actividades tradicionais compatibles coa protección do medio natural.
- Incorporar o Parque ós programas nacionais e internacionais da conservación da biodiversidade.
Tamén ten a catalogación de ZEPA (Zona de Especial Proteción para Aves) que se lle dou no ano 1988, xa que nelas é onde están as colonias de gaivotas máis numerosas das nosas costas, unhas 22000 parellas reproductoras.
Ademais de todo isto nas illas tamén se poden diferenciar diferentes zonas, como son:
- Zonas de uso restrinxido: que son de acceso público reguladas mediante permisos. Nestas zonas non se poden abandoar os sendeiros sinalados agás en casos autorizados pola administración do Parque.
- Zonas de reserva: na que non se permitirá o acceso ós visitantes e os uso limitarase a actividades relacionadas coa investigación, seguimento e recuperación dos seus valores ambientais.
A imaxe pertence a unha zona protexida na Praia de Rodas
1 comentarios:
Vos elixistedes a xoia da coroa galega a nivel medioambiantal, foi unha pena que non puidesedes pasar uns días durante o nadal visitando estas fermosas illas. O voso blog ten moi boa pinta pero si podedes ir o sitio en persoa seguro que mellorará ainda moito máis.
Animo chicas e seguir traballando.
Publicar un comentario