A finalidade deste blog é a realización do proxecto do Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos no IES de Arzúa (A Coruña), asignatura impartida por Marina Engroba.
O noso obxectivo é a realización dun estudio xeral das Illas Cies, co que pretendemos amosarvos a extraordinaria beleza e singulariedade deste fermoso lugar.
Esperemos que vos guste e que vos sirva de utilidade toda a información que vos ofrecemos neste blog.

Mostrando entradas con la etiqueta Flora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Flora. Mostrar todas las entradas

2/3/09

Principais problemas da flora e fauna

O estado de conservación do ecosistema mariño en xeral é bo, aínda que son susceptibles á contaminación por hidrocarburos procedentes do trafíco mariño, por sustancias orgánicas procendentes do turismo en época estival, por contaminantes procedentes da ría e por técnicas de pesca dañinas para o medio mariño.
En canto ó alto valor ecolóxico que existe no lago, este pode verse facilmente ameazado dada a súa sensibilidade e vulnerabilidade debido á presión humana que exerceu e aínda exerce sobre el. As infraestructuras artificiais son as responsables da alteración dinámica sedimentaria do complexo, do escaso intercambio co medio externo e de favorecer a sedimentación e o progresivo descenso de profundidade. O feito de que o dique sexa un paso casi obrigado na visita ás illas, a gran afluencia de visitantes, a proximidade do campamento e o areal das Rodas, deben de considerarse á hora de regular as actividades que se poden practicar nesta zona, extremando o coidado e mantendo sempre unha actitude respetuosa co medio.
As dunas tamén sufriron o seu, pois a mediados do século pasado fixeronse fortes extracións de area, provocando a suavización do relevo dunar con pérdida de altura das dunas, erosión e redución da largura da praia. Actualmente, este efecto estase a ver potenciado polo tránsito veraniego de miles de visitantes. O pisoteo presenta o fundamental problema que afecta sobre todo á vexetación das praias e dunas, polo que hoxe en día están actuando para que estas zonas de alto valor ecolóxico non resulten irreversiblemente danadas.
O traballo do parque para evitar que isto suceda consiste en vixiar o cumprimento da normativa existente e regular as actividades que se levan a cabo dentro do seu territorio para que se desenrolen de forma sostible, para evitar na medida do posible que os ecosistemas naturais non se vexan afectados.
Pero o principal problema para a conservación deste medio foi a presión humana. Nas illas fixeronse moitas plantacións de eucaliptos, pinos e acacias que o que fixeron foi desplazar a vexetación autóctona. A erradicación destas especies alóctonas e de moitas outras que chegan enganchadas nas embarcacións ou arrastradas polo mar, é un proceso a largo prazo sobre o que se está traballando. De feito, dende xaneiro están levando a cabo un proxecto Científicos da Universidade de Vigo, dirixido por María Calviño, que consiste en ir a bordo de ultralixeiros dotados con sensores de especies invasoras para poder así determinar as áreas nas que se localizan estas plantas. Con esta teledeteción o que se pretende e abaratar custos con respecto os sistemas tradicionais de mostreo de campo ademais de poder obter imaxes de zonas amplias de forma simultánea, tamén chega a distinguir individuos afectados por enfermidades e permite rastear zonas de dificil acceso.
Este proxecto centrarase nas especies máis perigosas para esta zona, que son: Acacia melanoxylon, Oxalis pes-caprae, Arctotheca calendula, Carprobrotus acinaciformis e Carpobrotus edulis. Todas son de orixe sudafricano agás a acacia que ten a súa orixe en Australia.
Unha vez que se demostre a validez do método realizarase un análise para ver a súa viabilidade técnica e económica para extendelo a xestión ambiental dos demais parques nacionais españoles e para facer seguimentos periódicos.

A flora mariña

O medio mariño das Cíes ten unha forte oleaxe que proporciona grandes cantidades de oxíxeno e nutrintes, pero que limita a existencia de certos organismos que non son capaces de adaptarse a estas fortes ondas.
Hai polo menos unhas 211 especies de algas inventariadas, con 33 especies de algas verdes, 122 de algas vermellas e 56 algas pardas, moitas delas vulnerables ou raras.
Nos fondos rochosos é determinante a morfoloxía do substrato, a profundidade, o efecto da oleaxe e a disposición das rocas. As algas teñen neste ambiente moita maior presencia e diversidade, desenrolándose extensos bosques de laminarariais: Saccorhiza polyschides e Laminaria ochroleuca, con unha rica fauna asociada e pequenas algas vermellas entre ou sobre elas.
Os fondos móbiles abarcan tamén un gran número de ambientes, dependendo do tamaño do gran do substrato e da natureza do sedimento. As macroalgas aquí presentes son maioritariamente incrustantes que recubren fragmento de conchas, entre elas temos: Ralfsia verrucosa, Lithophyllum sp.. Tamén podemos ver pequenas algas vermellas como: Gelidium sp.,Corallina sp., Gracilaria sp., Ceramium sp., que aglutinan o sendimento orixinando microhábitats habitados por diferentes especies.
En canto o lago que temos de auga salgada dentro das Cíes, dicir que ten unha gran importancia dende o punto de vista ecolóxico, e nel atopanse pradeiras das fanerógamas mariñas Zostera noltii e Zostera marina. As macroalgas non son abundantes. Destacan o cinturón de Ascophyllum nodosum na barreira de pedras e a leituga de mar (Ulva sp.) e Enteromorpha sp., que alcanzan gran cobertura na zona interna.

A flora terrestre

Nas Cies hai pouca diversidade de flora debido a que estas especies están sometidas a duras condicións ambientais (aire, salinidade, insolación, sequedade, escaseza de nutrintes,...). Sen embargo, estas especies teñen un gran valor ecolóxico por ser especies exclusicas deste ecosistema e sobre todo por ser capaces de adaptarse a este tipo de condicións tan difíciles. Algunhas das adaptacións que sufriron son as seguintes:

  • Raíces profundas, para buscar auga.
  • Peliños nas follas para evitar a desecación.
  • Texidos carnosos para almacenar auga.
  • Cores claras para reflexar a luz solar.
  • Enrolamento das follas para evitar así a evaporación.

A maior parte da vexetación da illa é forestal, de matorral e de acantilados.

A vexetación forestal é a que representa o maior grao de transformación. Esta sufriu grandes alteracións por parte da man do home, xa que foi o que introduciu especies exóticas coma o pino (Pinus pinaster), eucalipto (Eucalyptus globulus) e a acacia (Acacia melanoxylon), especies que hoxe en día ocupan a cuarta parte da superficie da illa, facendo así que a superficie arbórea autóctona quede reducia a pequenos núcleos aillados de rebolo (Quercus pyrenaica) e endrino (Prunus spinosa).

Con respeto ó matorral a especie que máis abunda é o toxo (Ulex europaeus), destacando tamén especies mediterráneas como o xaguarzo negro (Cistus salvifolius), o torvisco (Daphne gnidium), a xesta tola (Osyris alba) e o espárrago trigueiro (Asparagus aphyllus).

Nas praias, dunas e acantilados e onde se manteñen as comunidades de vexetais mellor conservadas. Nestas zonas atópanse moitas das especies endémicas.

A vexetación das praias e dunas desarrollase en bandas segundo a presencia e intensidade con que se manifesten as condicións metereolóxicas antes citadas, estando descritas 7 comunidades diferentes. No primeiro frente do sistema dunar e en parte das dunas secundarias e terciarias (donde a forza do vento é o principal limitante) medran a grama mariña (Elytrigia juncea) e o barrón (Ammophila arenaria), nas partes posteriores dos cordóns dunares as condicións son mellores polo que o número de especies que alí habitan son maiores, destacando a camariña (Corema album), o alhelí de mar (Malcolmia littorea), a azucena de mar (Pancratium maritimum), o carrasco bravo (Helichrysum picardii) a artemisa de praia (Artemisia crithmifolia), Scrophularia frutescens e a escasísima herba de namorar (Armeria pungens). Na transición entre a duna e o monte, no entorno das dunas de Figueiras e Muxieiro, aparece unha comunidade exclusiva das Cies e que está moi ameazada pola ocupación dos pinos e eucaliptos. Estamos falando dun matorral composto por toxo costeiro (Ulex europaeus subsp. latebracteatus), camariña (Corema album) e outras leñosas.

As outras 6 comunidades de vexetais ocupan unha escasa superficie que se atopa fundamentalmente en torno ó lago. Aquí podemos encontrar comunidades de: Zostera noltii, Zostera marina, Juncus maritimus e Halimione portulacoides.

A vexetación dos acantilados mariños vai depender fundamentalmente das condicións ecolóxicas e da localización de colonias de aves. Nas zonas máis baixas donde chegan as salpicaduras das ondas atopamos: Chrithmum maritimum e Armeria pubigera, Matricaria maritima e Cochlearia danica. Por encima desta banda xa existe un solo ben desenrolado sometido ó efecto do sal e do vento que están dominados pola armeria pilosa (Armeria pubigera subsp. pubigera), tamén hai pastos da gramínea Festuca rubra subsp. pruinosa pero estes son máis escasos e soen aparecer en áreas non colonizadas polas gaivotas. Nas ladeiras con orientación sur presentase unha comunidade endémica de caléndula mariña (Calendula suffruticosa subsp. algarbiensis) e parietaria (Parietaria judaica). Na ladeira con orientación oeste e norte que é a zona máis pedregosa aparecen pastos de dactilo mariño (Dactylis glomerata subsp. maritima), as collexas de mar (Silene uniflora), heno branco (Holcus lanatus) e a anxélica (Angelica pachycarpa). Nas zonas máis altas dos acantilados aparecen matorrais dunha subespecie endémica de toxo (Ulex europeaeus subsp. latebracteatus) que constituie matas con apecto de almofada o que presentas unhas características claras de adaptación as fortes condicións ecolóxicas.

Outras vexetacións da illa que teñen gran interese son a flora vascular e outros grupos de vexetais como fungos e musgos. Estes grupos están menos estudiados, agás os liquéns no que se inventariaron un total de 167 especies distintas e que viven sobre rocas, pedras, cortezas e solos.

 
ILLAS CIES - © 2007 Template feito por Templates para Você