Podemos atopar un total de nove praias.
Praia de Rodas: Está ubicada como xa dixemos na illa de Monteagudo, na illa de Faro e na illa do Medio; xunto o embarcadeiro principal (o embarcadeiro de Rodas). Esta praia forma parte parte do complexo sistema praia-duna-lagoa (as dunas están en proceso de recuperación). É a máis grande, ten 1300 metros de longo e 60 metros de ancho, e a máis importante de toda a illa. Se nos situamos no seu areal cara o mar, de frente temos a ría de Vigo e a nosa espalda un lago que se comunica co mar aberto a través duns orificios dunha ponte de formigón. A praia caracterízase por ter augas cristalinas de cor esmeralda, area fina e branca. A praia é ventosa, aberta e de augas tranquilas. Presenta zona de fondeo. Ten bandeira azul.
Praia de Figueiras ou dos Alemáns: Ten unha lonxitude de 350 metros e 50 metros de ancho. Está na illa de Monteagudo. É unha praia ventosa, aberta, de augas tranquilas e nela practicase o nudismo e o fondeo. Para acceder a ela, dende o embarcadeiro de Rodas hai que coller un camiño a dereita (este xa está debidamente sinalado).
Praia de San Martiño: Ten unha lonxitude de 500 metros. Atópase na illa Sur, polo tanto o acceso a ela debe facerse con embarcións privadas porque a esa illa non hai barco de liña regular. Ten forma triangular e é a máis abrupta de todas, a area é de cor branca e grao fino. É unha praia aberta, ventosa e de augas tranquilas. Está aillada e presenta zona de fondeo. Nesta praia tamén se practica o nudismo.
Praias de Cantareira e Margarida: Estas atopanse cerca do campamento. A de Cantareira e pequena e ten zonas de cantos rodados. A de Margarida está protexida por unha zona de rocas.
Praias de Mixueiro e Areiña: Atópanse xunto o embarcadeiro de Rodas (na illa de Monte Agudo) e para acceder a elas hai que coller un camiño que está xunto o restaurante.
Praia da Nosa Señora ou de Carracido: Ten unha lonxitude de 140 metros e 20 de ancho.
Praia dos Bolos: Atópase ó final da praia de Rodas e para acceder a ela hai que coller un camiño que pasa cerca do antigo cemiterio da illa.