A finalidade deste blog é a realización do proxecto do Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos no IES de Arzúa (A Coruña), asignatura impartida por Marina Engroba.
O noso obxectivo é a realización dun estudio xeral das Illas Cies, co que pretendemos amosarvos a extraordinaria beleza e singulariedade deste fermoso lugar.
Esperemos que vos guste e que vos sirva de utilidade toda a información que vos ofrecemos neste blog.

2/3/09

Efectos do Prestige sobre o ecosistema

Moitas son as formas en que se dispersa a contaminación, dependendo da natureza do vertido, pero en xeral, o petróleo vertido vaise extendendo nunha superficie cada vez maior ata formar unha capa moi extensa.
Unha gran parte do petróleo evaporase. Do crudo que queda na auga parte sufre fotooxidación e outra parte disólvese na auga, sendo esta a máis perigosa dende o punto de vista da contaminación, e o que queda forma o "chapapote", emulsión xelatinosa de auga e aceite que se converte en bolas de alquitrán densas, semisólidas e con aspecto asfáltico.
Dende á chegada as Cíes de manchas de fuel púxose en marcha un operativo de recollida e seguimento da avifauna o longo do archipélago.
Habilitouse unha dependencia nas Cíes atendidas por persoal especializado na recuperación das aves, baixo a coordinación dun veterinario especialista en fauna silvestre. Dito proceso consistiu na hidratación e estabilización térmica da ave, para ser posteriormente trasladada ó Centro de Recuperación de "O Campiño" (Pontevedra), donde se procedía a súa recuperación.
Dende principios de marzo de 2003, tras unha baixa sustancial do número de aves petroleadas, cerrouse esta instalación da illa.
A impregnación de crudo nas plumas e pel das aves e mamíferos, probocalles moitas veces a morte, porque alterarlle a súa capacidade de aillamento ou impermiabilizalos.
As especies máis afectadas foron: Cormorán moñudo (Phalacrocorax aristotelis), Arao común (Uria aalge), Alca (Alca torda), Gaivota patimarela (Larus michahellis), Gaivota sombría (Larus fuscus), Frailecillo (Fratercula arctica), Alcatraz (Sula bassana), Cormorán grande (Phalacrocorax carbo), Gaivota reidora (Larus ridibundus), Gaivón (Larus marinus), Negrón común (Melanitta nigra) e a Pomba doméstica (Columba livia var. Doméstica).
As poboacións de moluscos tamén se ven afectadas debido a súa capacidade de reter impurezas, e por tanto á pouca capacidade de eliminar os contaminantes.
Os peces, en xeral, non sufren danos importantes aínda que alevins e larvas poden verse afectados por niveis baixos de contaminación.


0 comentarios:

 
ILLAS CIES - © 2007 Template feito por Templates para Você